Tigre e oso na cidade / Janosch
por Janosch [autor/a]; Janosch [ilustrador/a]; Nicolás, Iago [tradutor/a].
Tipo: LibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2023 Edición: 1ª ed.Descrición: 48 p. : il. cor ; 22 cm.ISBN: 9788413432090.Materia(s): Vida rural | Vida urbana | Viaxes | Tráfico | Seguridade viaria | Animais humanizados | CompañeirismoRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Por que lado da estrada se debe camiñar se non hai beirarrúa, que facer para cruzar unha rúa, elementos -como os semáforos, os sinais ou os pasos de peóns- que regulan o tráfico de vehículos e transeúntes, ou normas básicas como o uso do cinto son algúns dos descubrimentos que fan tigre e oso na súa visita á cidade. Nesta grande aventura contan coa axuda do chibo, do castor e doutros viandantes e condutores que orientan os seus pasos, tamén para saber as consecuencias do que non se debe facer.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe Graxal Sala préstamo | I2N/G JAN tig | Dispoñible | CEC076000005634 |
|
Durante esta divertida experiencia, tigre e oso van repetindo a información que reciben e practicándoas reiteradamente, mesmo en soños. Os seus diálogos desprenden a tenrura e o humor que caracterizan estes emblemáticos personaxes creados por Janosch; interpélanse coa espontaneidade, a naturalidade e a inocencia propias da infancia.
Publicado co asesoramento do Consello Alemán de Seguridade Viaria, «Tigre e oso na cidade» é unha prolongación na historia de compañeirismo e amizade entre os entrañables protagonistas desta saga clásica da LIX, sempre rodeados de simpáticos amigos.
As ilustracións evidencian o contraste entre a tranquilidade da vida cotiá no campo e o bulicio urbano. Co seu estilo inconfundible, o autor envolve cada escena de dozura e expresividade.
Por que lado da estrada se debe camiñar se non hai beirarrúa, que facer para cruzar unha rúa, elementos -como os semáforos, os sinais ou os pasos de peóns- que regulan o tráfico de vehículos e transeúntes, ou normas básicas como o uso do cinto son algúns dos descubrimentos que fan tigre e oso na súa visita á cidade. Nesta grande aventura contan coa axuda do chibo, do castor e doutros viandantes e condutores que orientan os seus pasos, tamén para saber as consecuencias do que non se debe facer.
1º-2º Primaria