Janosch

Tigre e oso na cidade / Janosch - 1ª ed. - Pontevedra : Kalandraka , 2023 - 48 p. : il. cor ; 22 cm

Durante esta divertida experiencia, tigre e oso van repetindo a información que reciben e practicándoas reiteradamente, mesmo en soños. Os seus diálogos desprenden a tenrura e o humor que caracterizan estes emblemáticos personaxes creados por Janosch; interpélanse coa espontaneidade, a naturalidade e a inocencia propias da infancia.

Publicado co asesoramento do Consello Alemán de Seguridade Viaria, «Tigre e oso na cidade» é unha prolongación na historia de compañeirismo e amizade entre os entrañables protagonistas desta saga clásica da LIX, sempre rodeados de simpáticos amigos.

As ilustracións evidencian o contraste entre a tranquilidade da vida cotiá no campo e o bulicio urbano. Co seu estilo inconfundible, o autor envolve cada escena de dozura e expresividade.

Por que lado da estrada se debe camiñar se non hai beirarrúa, que facer para cruzar unha rúa, elementos -como os semáforos, os sinais ou os pasos de peóns- que regulan o tráfico de vehículos e transeúntes, ou normas básicas como o uso do cinto son algúns dos descubrimentos que fan tigre e oso na súa visita á cidade. Nesta grande aventura contan coa axuda do chibo, do castor e doutros viandantes e condutores que orientan os seus pasos, tamén para saber as consecuencias do que non se debe facer.

1º-2º Primaria

9788413432090


Vida rural
Vida urbana
Viaxes
Tráfico
Seguridade viaria
Animais humanizados
Compañeirismo

82-N

Coa tecnoloxía Koha