Mejuto, Eva (1975-)

Sei cantar e sei bailar / Eva Mejuto; Lucía Cobo - 1ª edición: xaneiro 2025 - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2025 - 40 p. : principalmente il. cor ; 28 cm. - Álbum ilustrado (Xerais) .

Un fermoso álbum ilustrado para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa música, poesía, lingua e cultura ao longo dos séculos.

Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar. Tocaremos coa pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa Casás e bailaremos con Eva Castiñeiras para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa música, poesía e cultura ao longo dos séculos. Elas todas son as homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025. O álbum, con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Lucía Cobo, conta cun apéndice informativo e cunha web para achegarlle á rapazada, e traballar na aula, un petisco do amplo universo da poesía e da música tradicional galega: a de onte e a de hoxe.

5º-6º Primaria 1º-2º ESO

9788411106184


Schubarth, Dorothé (1944-2023)


Literatura de tradición oral--Poesía galega
Cancioneiro popular galego--Investigación e recollida
Cantareiras--Biografías
Mulleres músicas--Pandeireteiras
Día das Letras Galegas--2025

784.4(640.11):087.5 929 Shubarth, Dorothé

Coa tecnoloxía Koha